Hoje deu-me para vasculhar na Technorati. Adivinham o meu espanto quando leio o que
um amigo da Galiza escreveu a propósito do nosso blogue em Junho de 2005:
o povo é bom tipo?
a net si proporciona un intercambio de valor incalculable que fai dela un medio indispensable e enriquecedor.
Folleando as páxinas dos amigos e amigas que un vai facendo, segundo pasea cal electrón no seu fluído elemento, atopei un título que me pareceu, cando menos, fermoso. 'o povo é bom tipo' é proclive ao intercambio.
pero ben, eu non sempre crin, e aínda agora cústame crelo, que o pobo sexa bo tipo. Se cadra nun sentido máis de contrato social, no que todos somos bos ate que a sociedade nos corrompe, sendo o medo á individualización, que dicía Erich Fromm, o que nos fai caer na perversidade e na alienación. O que si vén sendo certo é o desexo de crer no pobo como unidade e as aspiracións cara unha meta en común.
fronte ás apocalípticas delcaracións daquel biólogo, coido que danés, que aseguraba que as consecuencias, que agora consideramos negativas dende un punto de vista ecolóxico, da presencia do home na terra, non son máis que o froito da evolución lóxica do planeta, que pasará da entropía á orde coa extinción da especie humana. Un de-construír para acadar un mundo novo. Fronte a isto, aseveración que me parece moi discutible, quédanos só o ánimo de espírito para o traballo de 'aleccionamento' dunha sociedade corrompida por si mesma e inmersa nun corrente autodestructiva á que moitos, xa, nos resistimos.
boa gente esses nuestros hermanos.